A Pobra celebra este sábado 13 o XI Encontro de música e Baile tradicional

10 Xullo 2024

O sábado 13 de Xullo terá lugar o XI Encontro de música e Baile tradicional na Pobra do Caramiñal no cal cal participarán diferentes agrupacións: banda de gaitas Coribantes de Pontecaldelas, o grupo de danças e cantares Serreleils de Viana do Castelo e a A.C Navalcan de Toledo.
Estos grupos veñen en réxime de intercambio, o día 25 de maio os grupos de gaitas, baile, canto e pandereiretas da A.C.D Xiada desprazouse a Pontecaldelas para participar na LVI festa da Troita.
O 22 de Xuño tivo lugar o XXXVII Festival de Folclore en Serreleils (Viana do Castelo- Portugal) e o último fin de semana de outubro a A.C.D Xiada pechará o último intercambio deste ano en Navalcán (Toledo) coa asociación Revolvedera.
O Encontro abriranno preto de 200 persoas cun pasarrúas dende o concello ás 20:30h e comenzará na Praza Alcalde Segundo Durán ás 21:00h.
O presentador desta Edición vai ser Antonio González Millán, director do museo Valle Inclán e conta coa colaboración da concellería de Cultura da Pobra.
O festival ó cal acuden centos de persoas está totalmente consolidado na vila, dende a entidade, esperamos superar o índice de afluencia do ano pasado.
O encontro, que terá lugar na Praza Alcalde Segundo Durán, contará cunha barra de refrixerios e comida a prezos populares para axudar a sufragar os gastos da Asociación. Invitamos a todo o mundo a que veñan a desfrutar dun sábado de folclore internacional na Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.