“A eólica mariña presiona aos pesqueiros galegos para que abandonen a zona NOR-2” – Antón Luaces

05 Xullo 2024

Oficialmente -que se saiba- o Plan de Ordenaciòn dos Espazos Marítimos  e a súa poxa pola potencia eólica que este plan contempla non están concedidos, mais as empresas teoricamente concernidas nas concesións -pola Xunta, polo Goberno?- realizan en augas galegas que poderían acoller os parques de aeroxeradores prospeccións submarinas que afectan á pesca. Con que autorizacións, con que autoridade?. Ninguén o sabe oficialmente, aínda que caben poucas especulacións a este respecto, tendo en conta que autoridade se responsabiliza desas augas: a Xunta de Galicia.

Nas últimas horas barcos galegos que faenan á volanta denunciaron que o buque británico Ivero, que realiza traballos para empresas promotoras da eólica mariña en augas galegas (zona NO2) está a demandar que abandonen a súa zona de pesca para poder el facer prospeccións do fondo mariño.

Son, polo de agora, simples peticións, máis ou menos amables, máis ou menos formais, indicadoras non obstante, de que as autoridades galegas non están a poñer os máis mínimos obstáculos para que esas tarefas de prospección se leven a cabo. E o obxectivo está nidiamente claro: preparar a planificación do que serán os fondos mariños a ocupar polos aeroxeradores que darán continuidade no mar ao labor que outros aeroxeradores levan a  cabo dende vai anos nos montes da comunidade autónoma galega. Cando nos deamos de conta só quedará o “consummatum est”. Será esa costa de Galicia o Gólgota do sector pesqueiro galego, así Deus me salve. 

Como xa é sabido a frota alega contra seis proxectos de eólica mariña que se pretende localizar en zonas non avaliadas en función das súas afectacións. Son os proxectos “Xistral”, “O boi” e “Atlántico” 1,2,3 e 4 previstos ao longo da extensión do litoral galego.

A frota esixe a incorporación  de informes sobre as afectacións de cada un dos caladoiros afectados, as especies existentes nas zonas nas que se instalarán os parques e o impacto sobre a conectividade dos ecosistemas, “especialmente os corredores das especies migratorias”.  Tamén resulta imprescindible o informe do Instituto Español de Oceanografía sobre a distribución espacial dos stocks nas zonas propostas no POEM e os trocos asociados á instalación  das infraestruturas eólicas, porque o proxecto, argumentan, carece de datos necesarios e relevantes “para valorar as sjnerxias relativas á pesca”. Reclama a frota que se teñan en conta normas internacionais coma o Convenio sobre protección do medio mariño do Nordés Atlántico, Convenio Ospar, que estabelece o Principio de Precaución, o Real Decreto 363/2017, de 8 de abril, que fixa un marco para a ordenación do espazo marítimo que sinala que se “terán debidamente en conta as peculiaridades das demarcacións mariñas, as actividades e usos existentes e futuros pertinentes e as súas repercusións no medio ambiente, e en especial  sobre as especies e espazos protexidos, e os recursos, tendo tamén en conta as interaccións entre terra e mar”.

Como di a Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, “comezan os primeiros impactos”.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.