“A dorna, histórica embarcación a conservar”. Antón Luaces

25 Xullo 2024

 cousa do tempo. Tamén, obviamente, da tecnoloxìa e a necesidade de ter tempo para pescar e vender o resultado de ir pescar. O caso é que, a dorna, que foi raíña e señora do mar, nomeadamente das rías dende o sur da Arousa ata a de Muros-Noia, esmorece e xa poucas navegan ou varan nas praias de Vilanova, O Grove, Portonovo, A Illa, Vilagarcía, Rianxo, Cabo de Cruz, Boiro, A Pobra, Palmeira, Ribeira, Ameixida, Castiñeiras, Aguiño, Corrubedo, Porto do Son, Portosín e Muros…

Quedan algunhas, poucas, como relembranza dun tempo que foi e xa non será. Perderon a súa vela e o remar cadencioso, sincronizado, dos seus  tripulantes. En troques, un motor fora borda.

Eran aqujelss dornas coma o chío das carrulas cando abandonan o niño  da gaivota nai no seu ir e vir da boca da ría de Arousa no solpor do día de Rúa a Guidoiros, da illa dos Ratos a Vionta e Ons, Sálvora por fóra cara ás pedras fanequeiras das que un día escribira maxistralmente o exalcalde de Ribeira Xosé Antonio Ventoso Mariño.

O señor Ciprián, que vivía no recuncho que formaba a praciña do Peiral, en Ribeira, nunca fondeaba a súa dorna nos meses de verán: non gostaba de ver á cativada que nadaba en augas da hoxe desapareida praia de Colomer para abordala e, dende ela, “chupar” (guindarse ao mar de cabeza) e, outra volta, seguir ”chupando”.

Tal día como a véspera de Santiago (24 de xullo), Ribeira engalanaba as súas moitas dornas -anos 50-60-70 do século pasado- para celebrar a festa maior da Dorna, cando a directiva da Real e Ilustre Confraría (daquela Cofradía) da Dorna, baixo a presidencia de Emilio Fernández de Sanmamed Hermo (titular da botica de Sanmamed e delegado de Sindicatos) acordaban a quen doar unha dorna -sempre pintada esta en negro e branco- co nome “Virgen del Carmen”, un ordinal e o folio de Vilagarcía, que emocionaba a quen a recibía e non menos aos que tiñamos a oportunidade de asistir á cerimonia de bendición e recepción do que sería un medio indiscutible para se gañar a vida e poder comer algo todos os días.

Tamén cousas do tempo e da templanza económica, tal doación xa é, en boa hora, innecesaria e a festa -actualmente dunha semana de duración- celébrase máis pensando no turismo que na axuda a quen o necesita. Pero a desaparición da festa tamén merma a presenza da dorna nas praias nas que, actualmente, “recalan” os bañistas, cualificativo que daquela se aplicaba aos que hoxe en día son “turistas” ou “fodechinchos” que xa non molestarían ao señor Ciprián porque non “chuparían” dende o cofiño de proa ou popa (que era onde os confrades da Dorna tomaban decisións e unhas chiquitas de ribeiro ou viño do país antes de promulgaren o nkome do ganador da dorna ese ano doada.

Aínda que só fose por incrementar anualmente o número de dornas varadas nas praias de Ribeira, a Real e Ilustre Confraría deberá reunirse cada ano para, ao tempo que saborear un “juarisnai” acordar a construción dunha dorna que pasara a incrementar o patrimonio material dun  pobo que sempre se gabou de ser o que máis embarcacións tradicionais das rías baixas acubillaba nas súas praias e no que actualmente é un aparcadoiro no que os “bañistas” acomodan os seus coches, no Malecón.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.