A diversidade LGTBI+ centrará un faladoiro na Pobra

09 Xullo 2024

Por sétimo ano consecutivo, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal atópase adherida á campaña Liberdade de ser e sentir!, da Deputación da Coruña, que levará á Pobra do Caramiñal o faladoiro Diversidade LGTBI+.

Destinado a persoas maiores de 16 anos, esta actividade terá lugar no 12 de xullo, ás 12.00 horas, na Casa da Mocidade, e aprenderase sobre a historia do movemento polos dereitos do colectivo e os recursos e servizos de prevención LGTBIfobia.

A dita campaña provincial pretende visibilizar a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e co propósito de normalizar e sensibiliza-la sociedade sobre as diversidades sexuais.

Máis información no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa consistorial, co teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.