A ABE xa ten gañadora do primeiro sorteo realizado entre as persoas subscritoras do seu boletín

03 Xullo 2024

A ABE xa ten gañadora do primeiro sorteo realizado entre todas as persoas subscritoras do boletín de noticias da patronal boirense. Trátase de Sonia Fidalgo, que acadou o dito premio do sorteo entre as 300 adheridas á dita canle de comunicación. A recompensa son 50€ en Bonos ABE para gastar nas empresas asociadas. Os sorteos son bimensuais e o próximo será a principios de setembro.

A orixe

Coa finalidade de premiar a fidelización dos clientes dos establecementos asociados a ABE puxo en marcha, unha serie de sorteos bimensuais de 50€ entre todas as persoas subscritas ó seu boletín de novas da ABE.

O sorteo

Na mañá deste mércores 3 de xullo realizouse o primeiro sorteo entre as 300 persoas que xa están adheridas ó boletín dende que comezou esta iniciativa que entra dentro das novidades do noso sistema de fidelización que presentou a ABE no mes de abril.

As persoas adheridas ó boletín, ademais de recibir información de interese comercial sobre campañas e promocións, participan en sorteos exclusivos só para subscritores como este que mantén a ABE actualmente activo.

Para subscribirnos só temos que acceder á web www.abe.gal e no apartado “boletín novas” indicarmos o correo electrónico.

O calendario dos sorteos é o seguinte:

Meses de maio e xuño, sorteo 1ª semana de xullo.

Meses de xullo e agosto, sorteo 1ª semana de setembro.

Meses de setembro e outubro, sorteo 1ª semana de novembro.

Meses de novembro e decembro, sorteo 1ª semana de xaneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.