A ABE acada un pleno de axudas para os socios de comercio

24 Xullo 2024

A Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio vén de resolver a concesión da orde de axudas CO300C para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal galego.

Esa orde ten como beneficiarios aos comercios retallistas e financia tres liñas de actuación diferentes: dixitalización, innovación e modernización comercial.

Recibidas as notificacións de concesión, a ABE acadou “un pleno”, sinalou a patronal, engadindo que “as 7 solicitudes realizadas a outros tantos comercios acadaron a axuda solicitada, en total serán mais de 35.000€ os que recibirán os beneficiarios cun investimento total superior aos 80.000€”.

As axudas servirán, entre outras cousas, para a implantación de webs de venda online, mellora das ferramentas de posicionamento , xestión de redes sociais ou mellora da imaxe dixital e a loxística comercial.

Tamén se levarán a cabo procesos de modernización comercial como a instalación de sistemas de iluminación eficientes, sistemas de climatización así como diferentes reformas nos establecementos todas elas encamiñadas a mellorar a imaxe dos negocios.

Destacar que a ABE é unha das poucas asociacións a nivel nacional que realiza todo o proceso de tramitación de axudas e subvencións para os seus socios dende a información inicial ata a solicitude, control e xustificación do expediente.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...