42 entidades labregas, agrarias e forestais da provincia e da comarca reciben o apoio da Deputación

15 Xullo 2024

A Deputación da Coruña dá apoio a entidades asociativas labregas, agrarias, gandeiras e forestais e da provincia cunha liña de axudas para actividades de 224.650 euros. Este programa permitirá financiar actividades como rozas de montes, que contribúen á prevención de incendios, e impulsar programas e accións que contribúan a impulsar a comercialización de produtos propios, tanto agrogandeiros como forestais.

Un total de 42 entidades da provincia recibirán as axudas, por importes que van dos 4.500 aos 6.300 euros, a través das que a Deputación da Coruña busca impulsar os proxectos de valorización e comercialización de produtos, previr incendios e mellorar o medio rural.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar a concesión definitiva das axudas, que financian numerosas accións entre as que as máis frecuentes con as destinadas a actuacións silvícolas, de roza prevención de incendios por parte de numerosas comunidades de montes, así como programas de rexeneración de especies autóctonas, accións para a mellora da calidade xenética do gando vacún ou implantación de novas tecnoloxías en explotacións agrogandeiras.

Estas axudas súmanse á liña de subvencións para investimentos aprobada o pasado mes de maio, na que 28 comunidades de montes de man común recibiron 118.000 euros para prevención de incendios, mellora de pistas rurais e repoboación forestal. 

A deputada responsable da área de Mar, Agro e Medio Rural, Cristina Capelán, sinalou que estas subvencións permitirán “apoiar aos sectores agrogandeiro e forestal, de grande importancia social e económica na provincia da Coruña ”.

Listaxe de entidades beneficiarias: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/07/15/2024_0000005034.html

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.