“XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega” – Xosé González Martínez

17 Xuño 2024

Hai trinta e cinco anos a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüísticos constituíu un grupo de xuristas que co decorrer do tempo habían ser figuras senlleiras na utilización do noso idioma nos usos xurídicos. Tres delese faleceron desgrazadamente en distintos meses de 1989. Daniel García Ramos, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia foi o primeiro que utilizou a lingua galega na vista oral do procedemento, incluída a sentenza, que xulgaba a un exvicepresidente da Xunta de Galicia. Anos antes, en tempos da Audiencia Territorial, Claudio Movilla Álvarez, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo foi o relator da primeira sentenza ditada en lingua galega en 1984 despois de estar proscrita durante catro séculos; e o maxistrado Orencio Pérez González, un exemplo de coherencia lingüística, mentres foi titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 5 de Vigo.

Par deles hai tres figuras máis. O exFiscal Superior de Galicia, Carlos Varela Garcia que durante os dez anos que foi titular deste órgano xurisdicional utilizou a lingua galega tanto na na escrita como na oralidade,pública e privada, prestixiando a institución con exitosas iniciativas, sen precedentes na historia da devandita institución fiscal, acadando o recoñecemento público dos movementos sociais moi activos do país en anos convulsos por mor do fraude dos produtos tóxicos bancarios. Outra figura senlleira foi Victorino Gutiérrez Aller. Da súa actividade a prol da normalización da lingua galega dan fe os protocolos notariais que se contan por milleiros. Por poñer un exemplo, máis de doce mil títulos de propiedade dn lingua galega como consecuencia da concentración parcelaria na comarca do Deza avalan o seu afán galeguizador. A súa pedagoxía galeguizadora deixou pegada na comarca da súa xurisdición. Da súa autoría é tamén o imprescindible Formulario Notarial.

Outro exemplo excepcional é o do maxistrado-Presidente da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, Xosé Xoán Barreiro Prado, merecente de ser comentado pola transcendencia que terá na historia da galeguización da xudicatura en Galicia. Ditou milleiros de sentenzas e resolucións xudiciais desde o seu ingreso na carreira xudicial. Compre recoñecerlle que como prepador de opositores conseguíu crear unha verdadeira escola xudicial galeguista; a inmensa maioría dos xuíces e xuízas que utilizan a lingua galega no seu labor xurisdicional foron alumnos seus. Esta é a súa patriótica relevancia histórica.

En trinta e cinco anos como dicimos ao comezo desta colaboración, o labor por galeguizar a actividade xurídica e xudicial foi incesante. Organizáronse actividades para rescatar figuras egrexias do Dereito, e mobilizáronse concellos e deputacións para que os seus servizos xurídicos utilicen a lingua galega nos procedementos presentados perantes todos os órganos xurisdicionais, insistindo na necesidade de incluír unha cláusula específica (“outrosi digo”) solicitando consonte co dereito vixente o uso da lingua galega nas resolucións xudiciais. Por máis que teimou a Irmandade para que os servizos xurídicos da Xunta de Galicia fixesen o mesmo a proposta non acadou a receptividade desexada, nin por parte dos letrados nin da respectiva Dirección Xeral.Un comportamento nada exemplar. Tampouco foi atendida a demanda de dotar de programas informáticos en galego ás oficinas xudiciais para facer efectivo o principio da cooficialidade lingüística establecido polo ordenamento xurídico.

Con estes vimbios o próximo día 22 celebrarase a XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega no Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela. Dezaseis novos xurista (maxistrados/as fiscais e profesionais do Dereito) ingresarán cumprimentando as formalidades establecidas de compromiso coa lingua. Será homenaxeado coa insignia de ouro o letrado Alberte Xullo Rodríguez Feixóo pola súa dilatada utilización da lingua galega na actividade profesional.

Xosé González Martínez é presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...