“Verbos para traballar no mar”. Antón Luaces

06 Xuño 2024

Atraer, engaiolar, cativar son verbos que, en Galicia, barallamos no día a dia cando se fala das moitas dificultades que existen para a contratación de profesionais marítimos ou marítimo-pesqueiros. E non é un problema novo: fálase del non só en Galicia e tampouco, exclusivamente, en España. Outras nacións da Europa comunitaria teñen os mesmos atrancos para concretar unha contratación que cada día custa máis malia os moitos esforzos que realizan os sectores para atraer máis estudantes ás escolas e centros de formación coa fin de por remedio á falta de man de obra de todo tipo de empresas vinculadas ao mar.

Establecementos emblemáticos na formación como son as escolas superiores de náutica, as escolas de formación náutico-pesqueira, algunhas empresas secundarias pesqueiras formulan a formación dese persoal perante a evidencia da diminución do alumnado. O que compre, aseguran os armadores e os formadores, é encher novamente os barcos como consecuencia de, antes, ter enchido as aulas, os pupitres. Atrévome a dicir que se deben engaiolar, cativar para o sector marítimo-pesqueiro novos homes e mulleres estudantes e, ao mesmo tempo, revisar as políticas de contrataciòn e de cumprimento de distintos requisitos que fagan suficientemente atractiva a profesión (de ahñi quje se fale de engaiolar, de atraer, de cativar porque a pesca, tal e como está arestora, non atrae nen co imán máis poderoso da terra.

O Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, de Vigo, é un verdadeiro centro da esperanza na formación da xente de mar. Outro tanto acontece co centro de Bamio (Vilagarcìa) ou os Centros de Formación Náutico-Pesqueira de Riveira, Ribadeo e Ferrol, con programación de proxectos de prácticas remuneradas para alumnos titulados con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos que non desfrutaran antes deste tipo de bolsa (becas) para fins semellantes e que teñan nacionalidade española ou dun Estado membro da Unión Europea e residencia en España en formación para capitanía de pesca, patrón/patroa de pesca e/pu polivalente nas seccións de máquinas ou ponte-

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.