Veciños de Escarabote convocan unha manifestación este sábado 22 na defensa do nome “Carretera del Muelle”

20 Xuño 2024


Veciños de Escarabote manifestaranse este sábado ás doce e media (12:30horas) para mostrar novamente o seu rexeitamento á decisión do Concello de mudar o nome de “Carretera del Muelle” á céntrica rúa que, como se indica no seu nome, dá acceso ao peirao e ao porto da vila. A veciñanza que impulsa a mobilización di que o Goberno local non atende a petición de volver chamar
polo seu antigo nome á devandita vía, no canto da decisión actual de chamarlle “Pai Joseba”. Lembran tamén que no pleno do 21 marzo, interviñeron no pleno da Corporación presentando medio milleiro de sinaturas para que se restableza o nome orixinal.

Defenden que “todos os topónimos teñen a súa orixe nas características de lugares e dos usos e costumes do pobo” e que “por tradición son os habitantes os que nomean os lugares onde habitan segundo os usos e as características físicas ou
xeográficas dos lugares, e os organismos oficiais respéctano”. E engaden: “Entendemos que o Goberno local con maioría absoluta acepte que se faga un recoñecemento ao Padre Joseba, pero rexeitamos que se impoña o cambio de nome da citada rúa”.

O Concello baseou a súa decisión no feito de que “Carretera del Muelle” é un nome coloquial que non é oficial nin un topónimo tradicional, simplemente un indicativo informal de lugar e de acceso, e que tampouco garante as normas básicas do galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.