Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas a causa dun choque frontal en Meis

25 Xuño 2024

Un dos vehículos circulaba en sentido contrario.

Así o confirmaron os axentes da Garda Civil de Tráfico a través do 112 Galicia: tratábase do mesmo coche que un pouco antes viuse acceder á Autovía do Salnés por Barro e dirixíase cara Sanxenxo polos carrís en sentido Pontevedra.

Dúas chamadas, a do vehículo que circulaba en sentido contrario e a do accidente, que se efectuaron ao 112 Galicia con escasos minutos de diferencia, arredor das 10:20 horas de hoxe.

Efectivamente, ese coche que ía en sentido contrario bateu contra outro ao paso por Meis, e as persoas que ían no interior quedaron atrapadas. Na súa liberación traballaron os Bombeiros de Ribadumia e Vilagarcía, aínda que, finalmente, unha das persoas faleceu e a outra resultou ferida. 

Tamén resultou ferida a persoa que circulaba no outro coche implicado: era o único ocupante.

En definitiva, unha persoa falecida e dúas feridas por mor dun turismo que ía en sentido contrario pola Autovía do Salnés.

Ademais dos efectivos de salvamento, neste operativo colaboraron os voluntarios de Protección Civil de Meis e os axentes da Garda Civil de Tráfico, quen realizaron as investigacións necesarias para determinar que se trataba do mesmo vehículo que pouco antes viuse entrar en sentido contrario á autovía.

Por último, cómpre salientar a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras para a retirada dos restos de accidente e o restablecemento das condicións de seguridade na vía.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...