“Unha galega que se gaba de selo, campioa nas pistas e no orgullo” – Antón Luaces

26 Xuño 2024

Dicíame meu pai (galego de Landoi  cando esta era, en 1920, parroquia do concello de Ortigueira) que a ovella é de onde pace e non de onde nace, e concordo absolutamente con el malia ter que recoñecer que a miña vida, en particular, levoume a “pacer” en tan distintos lugares que só me permitiu vivir no lugar de nacemento (A Pedra, Cariño) os primeiros once meses de nacido. A partir de aquí, dun estremo a outro de España, con anos de insularidade en Gran Canaria durante a nenez, período de vida este que compartín en Ribeira ata a mocidade con meus tres irmáns e os nosos pais. Aos case 20 anos ampliei horizontes e comecei a ser un pouco de moitos sitios sen renunciar para nada de Cariño, de Ribeira e, evidentemente, da Coruña a onde cheguei a media mañá do 1 de febreiro de 1963  cando as rúas e as copas das palmeiras do Recheo estaban totalmente cubertas de neve coallada.

Pido escusas por este extenso “introito” co que tento xustificar o malestar da ribeirense Ana Peleteiro Brión (nacida un 2 de decembro de 1995 para gloria do triplo salto e recoñecida como a atleta galega máis sobranceira de todos os tempos) con determinadas críticas racistas debidas á cor da pel da súa pel, a de Ana. Unha cor que nunca lle impediu gañar medallas para Galicia e España, tamén para Europa, e de paso para Ribeira (como orgullosamente recoñeceu de xeito oficial o Concello).

Súmome, sen ningún tipo de medo, ao malestar de Ana Peleteiro. Naceu negra, como moitos de nós viñemos a este mundo con pel branca. En ninguén, que se saiba, se preocupou nas pistas cubertas ou as do aire libre de se saltaba máis por ser negra. Todos nos sentimos ledos polos seus trunfos, que fixemos nosos. Todos quixemos ser Ana Peleteiro polo que Ana e non a cor da súa pel significaba nas pistas de atletismo. Pero é evidente que corren novos infaustos tempos aos que a supremacía lles impide ver a un/unha igual nunha persoa de cor distinta. 

Desde cando?. 

Ben claro o dixo estoutro día a propia Ana: cando cinco atletas negros -non me cadra nada dicir “de cor”, como tampouco digo “de cor branca”- acadaron marcas importantes nas súas respectivas disciplinas. Cinco negros gañando medallas para España, cousa nunca vista. É unha invasión. Os negros, lector, aportaron ese día ao atletismo español o que os españois queremos para o noso atletismo. Así de simple, así de sinxelo. E eu, que non teño a sorte de coñecer persoalmente á ribeirense Ana Peleteiro Brión, síntome moi satisfeito co por ela acadado sen que a cor da súa pel sexa un impedimento para aplaudila ao máximo nas marcas atléticas que logra, no trunfo cando toma parte nun programa de radio ou de televisión ou, simplemente, cando defende o seu dereito a ser quen é e da cor coa que naceu. É a bandeira do dereito a ser onde queira que estea, sen supremacías pola cor ou pola acción dos supremacistas. 

O dereito a ser, repito.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...