Un mozo en estado moi grave tras unha caída nun rocódromo de Santiago de Compostela

18 Xuño 2024

Un mozo de 30 anos atópase en estado moi grave no Hospital Clínico de Santiago de Compostela tras sufrir unha caída mentres practicaba escalada nun rocódromo da cidade.

O accidente tivo lugar pouco antes das oito da tarde de onte nunhas instalacións situadas en cálea República Checa, no polígono compostelán de Costa Vella, segundo informou o 112 Galicia.

Foi un particular, tamén escalador no mesmo centro de lecer, quen alertou aos servizos de emerxencia. Efectivos da Policía Local desprazados ao lugar informaron que o mozo caeu desde unha altura de oito metros.

Un helicóptero medicalizado con base na capital compostelá acudiu ao lugar do accidente e trasladou ao mozo ao Hospital Clínico.

Os axentes policiais procederon a precintar o local deportivo, que no momento do sinistro contaba con máis dunha decena de usuarios. As autoridades investigan agora as circunstancias do accidente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.