“Un futuro sen Alzheimer?. A día de hoxe, non”. Antón Luaces

02 Xuño 2024

En España, 2 de cada 3 persoas teñen na súa contorna inmediata a algunhas con Alzheimer, unha enfermidade que xa afecta a 900.000 persoas en España e a 50 millóns de persoas en todo o mundo. Unha de cada dez persoas maiores de 65 anos ten Alzheimer. Sen tratamentos e coa esperanza de vida  en aumento -afirma a Fundación Pasqual Maragall, radicada en Catalujña- en 2050 esta cifra multiplicarase por tres. O panorama  vai máis aló: o 90% das persoas coidadoras destes enfermos padece problemas de saúde física ou psicolóxica.    

A enfermidade do Alzheimer é un trastorno cerebral que afecta á memoria, o pensamento e o comportamiento. Destrúe lentamente a memoria e a capacidade de pensar e, co tempo, a habilidadede levar a  cabo mesmo as tarefas máis sinxelas . As persoas con Alzheimer tamén experimentan cambios na conduta e a personalidade.

Os síntomas da enfermidade coñécense coma demencia. Por esta razón, a referencia da enfermidade fáise no senso de a cualificar coma tal demencia.

Segundo consultas realizadas, o Alzheimer é unha enfermidade máis frecuente nas persoas maiores, se ben non se trata dunha parte normal do envellecemento, senón “o resultado de cambios complexos no cerebro que comezan anos antes de que aparezan os síntomas e que orixinan a perda de neuronas e as súas conexións”.

Os problemas da memoria son, a cotío, un dos primeiros síntomas da enfermidade, que poden incluir dificultade para atopar ou para expresar verbas , en comparanza con outras persoas da mesma idade; problemas espaciais e de visión, como non seren conscientes do espazo que os rodea; deterioro do razoamento ou criterio, o que pode repercutir nas decisións que se tomen, ou ben demorarse máis para poderen rematar as tarefas, repetir preguntas, ter problemas para manezar diñeiro e pagar faturas; derambular ou perderse; perder ou extraviar cousas en lugares inusuais; amosar trocos no estado de ánimo ou na personalidade; ter máis ansiedade ou ser màis opresivo.

 Se ben hai medicamentos paliativos para os problemas de comportamiento, na actualidade non existe cura específica para a enfermidade de Alzheimer, malia os avances que, vai uns trints anos, presentou unha clínica desta especialidade radicada en Bergondo (A Coruña).

O poeta e escritor uruguaio Mario Benedetti (finado en Montevideo a causa da asma que padecía o 17 de maio de 2009 aos 88 anos de idade) adicou aos maiores un poema no que concordaba que “aquí no hay viejos, simplemente nos llegó la tarde”… para desbotar que, por termos moitos anos, teñamos que cavilar en padecermos esa enferrmidade que sí padeceu unha miña tía, a cuxa moi querida memoria adico parte do devandito poema:

“Joven: si en tu caminar encuentras

seres de andar pausado,

de miradas serenas y cariñosas

de piel rugosa, de manos temblorosas,

no los ignores, ayúdalos.

Protégelos, ampáralos,

bríndales tu mano amiga.

Tu cariño.

Toma en cuenta que un día

también a tí te llegará la tarde”…

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.