
Este martes 25 de xullo celebrouse en Ribeira a presentación da campaña en defensa dos dereitos e liberdade que o Concello vai a desenvolver o vindeiro 28 de xuño, Día do Orgullo LGTBI. Haberá actividades lúdicas e musicais, participativas e abertas, entre outras propostas.
O alcalde, Pérez Barral, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e a técnica de Igualdade, Dolores Crujeiras debullaron a programación, onde destacaron un acto institucional e reinvindicativo, unha exposición bibliográfica LGTBI na biblioteca, obradoiros pola diversidade afectivo-sexual na rúa, un sesión musical de Señora DJ e tamén o Concello sumarase á campaña da Deputación da Coruña Liberdade de ser e sentir.
O alcalde destacou que “Ribeira é unha cidade tolerante, aberta e que está orgullosa de ser diversa, porque a diversidade afectiva é algo que nos implica á toda sociedade por igual e, polo tanto, temos que lanzar dende os poderes públicos unha mensaxe de tolerancia e respecto cara as diferentes persoas independentemente da súa condición afectivo-sexual”.
Engadiu que a cidade vaise engalanar con cartelería, photocall e luces para a ocasión.
Programa completo
Acto institucional
Data: 28 de xuño.
Horario: 12:00 horas.
Localización: Centro Cultural Lustres Rivas.
Señora DJ
Data: 28 de xuño.
Horario: 23:00 horas.
Localización: Praza Porta do Sol.
Exposición bibliográfica LGTBI
Data: Ata o 5 de xullo.
Horario: De 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
Localización: Biblioteca Municipal.
Obradoiros na rúa pola Diversidade Sexual
Data: 3 de xullo.
Horario: De 10:00 a 14:00 horas.
Localización: Rúas do Casco Urbano



