Ribeira celebra o 3 de xullo o “Orgullo LGTBI 2024” cun taller de diversidade afectivo-sexual

28 Xuño 2024

Desde o CIM de Ribeira convídannos a participar nunha interesante actividade para nenos e nenas a partir de 5 anos, enmarcada nas actividades “Ribeira con Orgullo. Día do Orgullo LGTBI 2024”.

Trátase dun taller de diversidade afectivo-sexual con libros e legos. Intervirán 2 profesionais da Educación social e da Psicoloxía, especializadas na mediación lectora en sexualidade e na metodoloxía LEGO SERIOUS PLAY.

Para nenos e nenas a partir de 5 anos, poden participar tamén as súas familias

Data: mércores, 3 de xullo

Horario: de 10 a 13 h

Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Imprescindible inscrición: normalizacion@ribeira.gal

No correo indicar o número de persoas que van participar e a idade dos nenos e das nenas.

Número máximo de prazas: 30. As reservas realizaranse por orde de recepción das inscricións, e confirmarase a súa reserva cun correo electrónico).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...