Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados preto das 11.56 horas da caída do tendido telefónico na parroquia de Oleiros, no Concello de Ribeira. O cable caeu sobre a AC-550 despois de que un camión de recollida de residuos o derrubase.
Os bombeiros levantaron o cableado para evitar posibles accidentes á espera que o servizo o repoña.
Ao suceso acudiu tamén o GAEM e a Policía Local de Ribeira, que alertaron ao persoal de mantemento do servizo de telefonía para que procederan o arranxo do cableado.




