“Pulseiras”. Xulio Xiz

25 Xuño 2024

Levo unha pulseira de fíos coas cores da bandeira galega, coma calquera mozo, porque mozas e netas son as que a fixeron e entenderon que aínda estou en idade de presumir, e eso fago. Pero este sábado, en Ferrol, colocáronme outra pulseira, tamén artesanal, de cor rosa, e xa que tanto se usan as cores para identificar causas que defender, preguntei se o que alí nos xuntaba se identificaba con aquela cor.

A resposta foi que non hai cor determinada para aquela causa, que o rosa me tocara en sorte, e que todas as cores valen para simbolizar o traballo de quen confeccionara aquelas pulseiras, que viñan asinadas por “Mar aberto”, do módulo 7, do Centro Penitenciario de Teixeiro. Celebrábase a primeira Xornada-Convivencia de Pastoral Penitenciaria da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, con invitación que lembraba que no cárcere “están os pobres; os nosos pobres; os máis pobres”.

E falei con cregos e seglares, mulleres e homes, entregados e entusiastas (había máis mulleres ca homes, como en case todo)… E con dous presos: Un, xa liberado, e outro con permiso de seis días. E faleilles do meu “desacougo” ao enfrontarme a ese mundo descoñecido do cárcere, que por arrepiante nos fai mirar para outro lado, e que miña amiga Nieves – Delegada de Pastoral Penitenciaria – considera un gran contedor de lixo humano, produto que para a sociedade é de “usar e tirar”, e que algún dos intervintes comparou con Sogama.

Sigo coa miña pulseira da bandeira galega. Pero conservo a do módulo 7 do cárcere de Teixeiro para recordarme que, como dixo Paul Eluard, “hai outros mundos, pero están neste”, e que calquera de nós ou dos nosos pode ter que emigrar a eles.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.