Pobra acolle este venres a presentación do poemario de Esperanza Mariño

10 Xuño 2024

O vindeiro venres 14 de xuño, ás 20 horas, A Pobra do Caramiñal acollerá na sala de exposicións da Casa da Cultura Raquel Fernández Soler unha presentación literaria da man de Esperanza Mariño, quen presentará o seu poemario A pousa da libélula. Neste encontro a autora estará acompañada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o tradutor, Takekazu Asaka; e o integrante da A. C. Barbantia, Xesús Laíño, quen conducirá a xornada. Este poemario toma a libélula como símbolo do mundo natural e da vida humana e os seus avatares para abranguer temas como: a soidade, o amor ou a morte. A entrada é de balde até completar aforo.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.