“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

13 Xuño 2024


A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou se
ves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitude
de xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague a
luz e leva con ela a escuridade toda, toda a negrura da terra e do aire. Uns cántanlle dende
o outro lado da ría, no púlpito da igrexa, no cruce dos camiños, na festa de fin de curso ou
na corrobra daquel traballo acabado. Outros témenlle e escóitana, aínda sen dialogar con
ela.
Se morre un vello e despois outro vello e, cando sexa o caso, morre unha bela amiga, todo é
diferente, non se entende nada, non pasa nada e a morte chega e vai como se nada, como
se fose unha fada vestida de negro e con saloucos de tristura morada ou negra. Tan negra
como a morte súbita do cabalo ou a morte do amigo que se vai sen pausa e sen capacidade
para o regreso.
Cando el morre, chora a veciñanza, suspira a súa mascota e ladran os cadelos antes de
atender ás ovellas. Na casa todos quedos, inmóbiles e sospeitosamente agarrados á
tradición, ao costume de seguir tirando. Si, o costume de seguir andando ou de seguir
mirando, para todo o que haxa que mirar e ver. Aquí, nestes tempos de gracia e risa, hai
moito que explorar, moito que mirar e moito camiño para seguir.
E, despois da morte, de que falamos? As civilizacións primitivas servíanse de crenzas
animistas que poñían alma inmortal e intelixencia a tódolos seres. Os mortos non poden
converterse en nada, teñen que permanecer na memoria dos vivos, andar con eles e
transmitirlles os seus saberes. A memoria e a esperanza en non perdela é moito do que
queda. A morte é algo que non debemos temer, porque como dicía Antonio Machado,
“mentres somos, a morte non é e cando a morte é, nós non somos”.
O xesuíta Baltasar Gracián dicía, a principios do século XVII, que “a morte para os mozos é
un naufraxio e para os vellos é a chegada ao porto”. En Galicia o porto está máis lonxe e a
xente para embarcar ten que vivir máis anos, igual que en lugares como Okinawa de Xapón,
Cerdeña de Italia, Ikaria de Grecia, Nicoya de Costa Rica ou Loma Linda de California. Agora
os expertos estudan esta lonxevidade e atoparon razóns na alimentación saudable, natural e
de calidade. Si señor, para vivir ben, Galicia!
Modesto da Carpinteira morreu de vello, tiña noventa e nove anos cumpridos e, segundo
contaba, pasou fame de neno e, de mozo, traballou na labranza das terras, nas bouzas
montesías e nos pozos de carbón feito coas cozas que el mesmo arrexuntaba. De vello,
seguía traballando e, ao parecer, nunca probara o leite de vaca. El non se acordaba, igual
que non lembraba de cando bebera un trago de auga, daquela auga fresca da fonte das
Medorras, da que á maior parte do mundo curaba. Os seus veciños, Farruco, Xosé, Antón e
Antonio, tamén morreron. Os catro pasaban dos cen anos e nunca a vixilia gardaran.
Farturentos e lonxevos todos eles. Que Deus os coide na gloria!

https://es.statista.com/estadisticas/474149/poblacion-de-galicia-por-grupo-de-edad

Outros artigos

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...

+

“Homenaxe ao doutor Sixto Seco” – Xosé González Martínez

Cando o correlixionario e amigo Luís Soto Fernández, fundador da UPG, puido volver do exilio mexicano, facíao todos os anos pola primavera. Acudía sempre a recollelo ao aeroporto. Camiño da súa natal Vilanova dos Infantes, faciamos unha parada na igrexa conventual de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Solidariedade e humanidade” – José Manuel Pena

“Solidariedade e humanidade” – José Manuel Pena

Algunha xente continúa cunhas mentalidades moi pechadas e pouco empáticas cos problemas e as vivencias doutras persoas que padecen situacións difíciles ou complicadas. Algo similar sucede cos menores migrantes, non acompañados que chegaron ao noso país, en busca de...

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...