“Os silencios que chían e non se queren escoitar”. Antón Luaces

18 Xuño 2024

Altri é, agora, a causa. Pero en Galicia existen moitos silencios que amortallan vivos estrondos de verdades do tamaño da Curota, que é montaña criadoiro de realidades. Altri obriga a manter silencios alí onde máis berros da verdade deberían se producir. 

Galicia, ao igual que a práctica totalidade das comunidades autónomas españolas, dispón de medios de comunicación de seu: por exemplo radio e televisión con anos dabondo de prestación de servizos como para que bo número do seu plantel de traballadores cotizara á Seguridade Social o tempo necesario como para se xubilar “na casa”. A maiores, a Xunta e cada unha das consellerías que integran o goberno galego, “adoban” económicamente as substancias que producen na súa “cociña” outros medios que, sendo alleos á nómina competencial, actúan nun sistema de evidente acubillo a canta iniciativa emana de San Caetano,  sen análise crítica algunha que levar a quen os le, olla ou escoita. Son medios que co seu silencio evitan informar de cuestións incómodas para a Xunta, tal e como aconteceu a pasada semana coas manifestacións, marítimas e terrestres,  en contra da pasteira portuguesa que tenta converter o río Ulla nun medio para o servizo de lavado da celulosa empregada para a confección de materias a utilizar nos seus obradoiros, ao tempo que  emisario doutras augas xuxas que verterán na ría de Arousa  para lle dar o R.I.P. a moito do que serve de sistema de vida e traballo a varios milleiros de homes e mulleres que dependen do peixe e o marisco que esa ría produce.

Laiábase -ao tempo que o denunciaba públicamente nas redes sociais- un cualificado medioambientalista integrado en WWF desde vai moitos anos, dos silencios que, en relación con esas manifestacións citadas, gardaron e gardan os medios de comunicación de titularidade autonómica, sabedores os seus rectores de que non por iso calan outros medios de comunicación que sí servirán aos seus seguidores as novas a tal respecto porque en Galicia interesa saber que vai pasar con esa industria contaminante a instalarse en Palas de Rei.

É posible que, nos tempos actuais, poida pensar alguén na Xunta de Galicia que, porque calen a radio e a televisión autonómicas un acto de protesta como o realizado contra Altri, non ecoe tal acto dentro e fóra do territorio galego?. 

Foron moitos os que demandaron unha saída válida para un proxecto -o de Altri-  que a inmensa maioría dos galegos rexeitan. Sábeno na Xunta (que o apoia) e sábese nos medios que a Xunta controla e silencia. Máis, por outra banda, mantense ese obxectivo de calar e ignorar, coma se o silencio fose a solución. 

Tal silencio nunca moito dura.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.