“Os premios Peña Novo no Castelo de Soutomaior”. Xosé González Martínez

29 Xuño 2024

A falta de autoestima de moitos galegos e galegas lévaos a seren protagonistas de
comportamentos esperpénticos. Contoume o maxistrado Xosé Xoán Barreiro Prado,
presidente da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, que en todas as vistas
orais e sentenzas utiliza a lingua galega, como en máis dunha ocasión tivo que pararlles
os pés a algúns suxeitos que prestaban declaración ao manifestaren o atrevemento de
de dicir que non eran galegofalantes, pretendendo con esta argallada impoñer o uso da
lingua castelán no proceso xudicial. Pero vostede será galegoescoitante, non si?,
preguntáballes. Daquela limítese a facer uso do seu dereito a utilizar calquera dos idioma
cooficiais en Galicia, que eu fareino no meu, en galego.
Don Alejandro Couselo, maxistrado dun Xulgado do Social en Vigo, ditou días atrás unha
providencia negándolle o dereito a unha das partes do proceso que solicitaba que a outra
declarase en castelán alegando indefensión. Comportamentos desta índole son moi
comúns acotío. Por iso cómpre maior firmeza na defensa do noso dereito a
expresarmonos en galego sen ter que falar na lingua do noso interlocutor. As lingua son
códigos de comunicación e os seus usos non se rexen polas normas das boas maneiras.
Os Premios Peña Novo, que foron creados pola fundación homónima, pretenden
recoñecer con estas distincións a todas aquelas persoas que no exercicio das súas
actividades profesionais dignifican a lingua galega facendo valer o uso do seu dereito,
expresándose nela, oralmente e por escrito. O noso idioma goza do recoñecemento legal
para ser utilizado en calquera esfera social ou profesional sen ningunha limitación.
Este ano os Premios Peña Novo chegan á XXVIII edición. Durante este dilatado período
de tempo foron premiados, empresarios, médicos, xuíces, avogados, comisarios de
policía, notarios… Con eles preténdese recoñecer e estimular aos auténticos
dinamizadores do proceso normalizador na transversalidade dos seus usos. Os seus
exemplos dignifican a lingua galega e son merecentes de seren imitados. A pretensión é
chamar á autenticidade dos nosos comportamentos para sermos máis nós.
Os Premios Peña Novo, que se entregarán no castelo de Soutomaior en acto público,
aberto aos que estean interesados en participar o próximo día 4 de xullo, ás 19:30 horas,
seránlles concedidos polos seus moitos méritos a:
Concello de Carballo “polo desenvolvemento dunha política lingüística dirixida ao fomento
do uso do galego nun concello cunha poboación de 30.000 habitaantes no que existe
unha porcentaxe nada desprezable de inmigrantes, fomentando deste xeito a cohesión
lingüística na cidadanía”:
Dona María Jesús Lago Vilaboa, Xefa do Servizo de Traballo Social da EOXI de Vigo,
“polo seu compromiso coa contorna e realidade da súa comunidade maioritariamente
galegofalante, sendo un referente no eido social como militante activa na xustiza social e
os dereitos das persoas”.

Don Carlos Pajares Vales, doutor en Física e catedrático. Foi o primeiro Reitor
democrático da Universidade de Santiago de Compostela durante o período 1985-1990.
“Durante este mandato implantou na institución académica un proceso de galeguización
eficaz e continuado a través da creación dun servizo propio, dedicado ao fomento do uso
da lingua galega no ámbito académico e científico”, que logo foi imitado polas
universidades de Vigo e A Coruña despois da segregación.

  • Presidente da Fundación Peña Novo

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...