Os bombeiros rescatan ao ocupante dun turismo, atrapado tras envorcar en Vilagarcía

10 Xuño 2024

Trátase do único vehículo implicado no accidente, no que resultaron feridas 2 persoas. Unha delas quedou, ademais, atrapada no interior do coche, polo que necesitou a axuda dos bombeiros para saír do turismo e recibir a asistencia médica.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse ás seis desta tarde na Avenida de Agustín Romero, en Vilagarcía. Alí acudiron tanto os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 como os Bombeiros de Vilagarcía, pois os alertadores insistían en que había, polo menos, unha persoa atrapada. 

Efectivamente, atopáronse un ocupante atrapado, que logo liberaron co obxectivo de que recibise a asistencia médica necesaria. No obstante, no coche había unha segunda persoa, sinalou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tamén precisaba atención médica.

Este operativo completárono os axentes da Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.