O Edificio de Actividades Náuticas de Porto do Son vai dar acollida esta semana a unha actividade formativa que achegará ás persoas participantes recursos para garantir navegacións libres de risco. O curso gratuíto Seguridade en actividades náuticas de lecer terá catro horas de duración e desenvolverase pola tarde, entre as 16.30 e as 20.30 horas. As inscricións están abertas no correo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal. Quen precise máis información pode consultar os datos do curso na web municipal.




