O Sergas chama a doar sangue, especialmente dos grupos A+ e 0-

21 Xuño 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) do Sergas fixo un chamamento á poboación a que acuda doar sangue. Fixo especial énfase nos grupos A positivo e 0 negativo, que se atopan en nivel baixo.

Ademais, os grupos A negativo, 0 positivo, B negativo e AB negativo están en nivel normal e os grupos B positivo e AB positivo en nivel bo.

ADOS advertiu que nos hospitais hai moitas persoas que precisan dunha transfusión por motivos variados. Así, para poder atendelos, estima que se precisan case 500 doazóns diarias.

Neste contexto, fai un chamamento á poboación para que se achegue ás unidades móbiles que diariamente percorren as catro provincias galegas, así como a algún dos sete puntos permanentes situados nas cidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...