“O sector pesqueiro español desconfía novamente das zonas de proteción mariña”. Antón Luaces

24 Xuño 2024

A figura da Área Mariña Protexida, aprobada en 2007, define espazos naturais designados para a proteción de ecosistemas, comunidades e elementos biolóxicos ou xeolóxicos do medio mariño que, en razón da súa rareza, fraxilidade, importancia e singularidade, merecen unha proteción especial. Estes espazos son de competencia estatal ou comunitaria, e aínda que creados coa intención de protexer os ecosistemas dos que o peixe forma parte indisoluble, significan para os pescadores unha seria ameaza da que, por certo, non se fala desde vai uns meses, algo que chama poderosamente a atención.

Complementando este chamado, segundo datos da Comisión Europea, o 40% das poboacións de peixes no Atlántico e o 87% no Mediterráneo estan sobreexplotadas ou explotadas en exceso.

Baseada nesta situación, a UE aprobou o Tratado dos Océanos, acordo internacional que fixa medidas novas para a proteción dos océanos e a conservación da biodiversidade mariñas.

Son, xa, uns 150 os Estados que asinaron este Tratado cuxo obxectivo non é outro que garantir a sostibilidade da pesca e a conservación da biodiversidade nos océanos do mundo.

Este acordo establece a creación de zonas de proteción mariña nas que a pesca e outras actividades humanas que poidan causar danos  ao ecosistema estean controladas.

Este Tratado pode ter consecuencias directas para máis de 140.000 pescadores comunitarios que confían en que, mediante o acordo, acaden axudas á proteción dos océanos e á conservación da biodiversidade mariña. Establece este acordo a creación de zonas de proteción mariña nas que se prohibirá a pesca  e outras actividades mariñas que poidan danar o ecosistema, desbotando a ligazón a este dos propios pescadores. Para estes, o Tratado dos Océanos debe axudar a protexer as poboacións de peixe e garantir a sostibilidade da pesca no futuro, porque “a pesca sostible é fundamental para a supervivencia dos ecosistemas mariños e para o sustento de millóns de persoas de todo o mundo que dependen da pesca para a súa alimentación”. 

Semella contradictorio: as medidas conservacionistas aplícanse. Evidentemente, no senso de reducir a pesca, e se esta vai a menos, tamén se reduce a capacidade de a subministrar como alimento.

O Tratado dos Océanos pode ter, polo tanto, un impacto negativo -un máis- na industria pesqueira a curto prazo: a creación de zonas de proteción mariña pode limitar o acceso dos pescadores ás áreas de pesca, o que afectaría negativamente aos seus medios de vida.

A proteción dos ocèanos é, realmente, incompatible coa pesca?, non poden coexistir?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.