O Real de Portosín e o Deportivo de Ribeira, unidos na 24ª edición da Regata Ramiro Carregal Rey

13 Xuño 2024

Juan Caballero.- O salón nobre do Real Club Náutico Portosín acolleu este xoves 13 de xuño a presentación da 24 edición da Regata Ramiro Carregal Rey, emblemática proba que organiza a dita entidade deportiva en colaboración co Club Náutico e Deportivo de Ribeira.

A XXIV Regata Ramiro Carregal Rey disputarase os días 22 e 23 de xuño, cun percorrido costeiro e unha proba ao vento: a primeira delas o sábado, que levará á frota desde a ría de Muros e Noia ata a de Arousa, nun trazado de gran beleza paisaxística, con Corrubedo e o paso de Sagres próximo a Sálvora, Vionta e Noro, que fan do seu rumbo un dos máis belos das Rías Baixas. E o segundo, na xornada dominical, un barlovento–sotavento, nun trazado moito máis técnico que obrigará ás tripulacións para empregarse a fondo para optimizar os mellores resultados ao ser unha manga onde os pasos por boia son decisivos.

O acto de presentación foi presidido polo empresario ribeirense que dá nome á regata, Ramiro Carregal Rey. Asistiron ao mesmo representantes da xunta directiva do Real Club Náutico Portosín, entre os que se atopaban, a súa vicepresidenta, Pepa Castro; o comodoro e vicecomodoro, Fernando González e José García, respectivamente; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o presidente do Club Náutico Deportivo de Ribeira, José Luís Torres Colomer; o patrón maior da Confraría de Pescadores de Portosín, Isaac Gaciño; así como os concelleiros de Porto do Son de Deportes e Turismo, Carlos Lorenzo e Alicia Martínez, respectivamente; e o tesoureiro de Náutico de Ribeira, Justo Arevalillo.

“Ramiro, quero transmitirche o maior dos meus agradecementos e o de toda a xunta directiva deste Club de Portosín, por todo o ben que ao deporte da vela lle fixeches”, manifestaba Castro.

“O apoio de Ramiro consolidou esta regata ao longo destes anos, logrando ser unha das máis destacadas no calendario de vela pesada da Real Federación Galega de Vela”, comentaba González.

“Cando chego aquí atópome na casa. Ribeira e Portosín están irmandados e nesta ocasión fano con esta regata que é dun percorrido moi atractivo dobrando o cabo de Corrubedo”, apuntaba Colomer.

“Síntome moi orgulloso da unión destes dous clubs náuticos que unen a comarca do Barbanza e en que ambos naveguen unidos por unha regata que simboliza esa unión”, dicía Carregal.

E é que na Ramiro Carregal Rey non só pon en xogo o Gran Trofeo Faro de Corrubedo, senón tamén a Copa de Galicia de Cruceiros, sendo este ano, ademais, e por designación da Real Federación Galega de Vela, Campionato Galego de Cruceiros ORC.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.