O noiés Jorge Gallardo estrea no Noela (este sábado) o seu proxecto audiovisual “Sonetos do Sótano”

05 Xuño 2024

Jorge Gallardo, director teatral noiés, vai presentar o seu proxecto audiovisual Sonetos do Sótano este sábado 8 de xuño no Coliseo Noela, a partir das 20.30 horas. O propio director acompañado de Pepe Pérez, concelleiro de Cultura, presentaron esta semana os detalles do espectáculo, un proxecto que xunta arte, poesía e música nunha proposta de confluencia artística única.

As entradas están dispoñíbeis na Oficina de Turismo, emprazada no Edificio Casino, a partir deste mércores (mércores, xoves, venres e sábado) en horario de 12.00 a 14.00 horas.

O espectáculo será presentado por Antía Costa. Contarase coa presenza de María Insua, Xosé Esperante, Manuel López Rodríguez, Fran Figueiral, Sergio Alfonso e Yamini, coa colaboración do Grupo Ebora.

A estrea complementa o obradoiro de teatro desenvolvido en Noia por Jorge Gallardo, que culminou este sábado 1 de xuño coa representación no Noela de diferentes pezas teatrais, a cargo dos grupos infantil e adulto que participaron na experiencia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.