O parque da Cachada de Boiro será escenario dun festival con música en directo dos 80 e os 90, que está previsto para o vindeiro 25 de xullo a partir das 20.00 horas. As entradas xa están á venda en festivaldelos80alos90.com ou na Oficina de Turismo de Boiro.
Este festival, que percorrerá toda a península nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, fará unha achega á música dos anos 80 aos 90 logo do éxito do Musical co mesmo nome. O espectáculo dura 7 horas, ao longo das cales se poderá desfrutar de cancións en directo, bailes, sorteos e xogos feitos por presentadores, picadiscos…
Como dixemos, as entradas está xa dispoñíbeis na dita web e tamén en formato físico na Oficina de Turismo do Concello de Boiro.




