O equipo campión de fútbol sala de España na categoría infantil decídese esta “finde” en Noia

13 Xuño 2024

A Real Federación Galega de Fútbol, sección de Fútbol Sala, e o Concello de Noia organizan esta fin de semana, o sábado 15 e o domingo 16 de xuño, os Campionatos de España de Clubs de Fútbol Sala na categoría de Sub-14 masculina (fase final).

En virtude destes eventos deportivos, o campión de España de fútbol sala na categoría infantil decidirase esta fin de semana na vila de Noia.

O Pavillón Municipal Agustín Mourís será o escenario da final four. Bateranse Ciudad de Móstoles, F.C. Barcelona, Equipe Futsal (Zaragoza) e o representante galego Galicia Gaiteira.

O sábado á tarde celebraranse as semifinais e o domingo, en horario matinal, a gran final.

O Concello de Noia agradeceu á Federación Galega de Fútbol a confianza mostrada na vila noiesa para a organización deste importante evento. O alcalde Santiago Freire desexou “moita sorte” ao 4 clubs participantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.