O deputado de Patrimonio Xosé Penas visita en Ribeira o Dolmen de Axeitos e o Castro da Cidá

05 Xuño 2024

O responsábel de Patrimonio e Contratación na Deputación da Coruña, Xosé Penas, estivo este mércores 5 de xuño no concello de Ribeira onde visitou algúns dos tesouros patrimoniais do termo municipal, como o Dolmen de Axeitos e o Castro da Cidá. Fíxoo acompañado do alcalde, Luis Antonio Pérez Barral, e parte da Corporación municipal.

Posta en valor do Dolmen de Axeitos

Durante a visita, Concello e Deputación analizaron o plan de posta en valor do dolmen de Axeitos, propiedade da entidade provincial, que inclúe melloras nos accesos ao monumento megalítico e na protección da contorna.

Máis polo miúdo, Xosé Penas presentou as propostas da Deputación que consisten nun cambio do sentido da visita para potenciar a carballeira existente e dotar á construción megalítica dun “maior protagonismo creando, ao mesmo tempo, un círculo de seguridade ao redor”.

En palabras do deputado, “o Dolmen de Axeitos é unha xoia megalítica que debemos coidar e potenciar e dende a Deputación da Coruña velamos pola preservación de monumentos patrimoniais como este, que son identidade, cultura e historia do noso país. Por iso estamos traballando na posta en valor do Dolmen de Axeitos e da súa contorna, entre outras actuacións”.

Ademais, o deputado puido coñecer as últimas escavacións arqueolóxicas realizadas no Castro da Cidá, así como todo o conxunto patrimonial da primeira Idade de Ferro.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.