O Deporte na Pobra 2024 promove o exercicio físico no verán cunha ampla oferta

10 Xuño 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal achega unha nova edición do programa para desfrutar do deporte durante o verán de 2024, coa colaboración dos clubs da localidade. A oferta dirixida á rapazada consta de fútbol de praia, fútbol sala mixto de iniciación, tenis, patinaxe artística, baloncesto, atletismo, fútbol de base, remo, vólei de praia, xadrez e piragüismo. Tamén se dispón de actividades para as persoas adultas como pilates, camiñadas + estiramentos, ximnasia de mantemento, camiñadas para maiores, ximnasia para maiores, baile de salsa e ritmo latino e vólei de praia.

“Con esta nova edición de O Deporte na Pobra corroboramos o compromiso da Administración local coas distintas disciplinas e cos nosos clubs. Apostamos por promover a actividade física en tódalas idades durante o verán con clases, moitas delas, ao aire libre aproveitando o bo tempo. Dispoñemos dunha ampla oferta deportiva que dinamizará a nosa vila nos próximos meses. E, ademais, decidimos incorporar algunhas novidades como a impartición de baile e ritmo latino ou o piragüismo para diversificar un chisco este programa”, apuntou na presentación da axenda (este luns 10) o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na compaña da técnica municipal desta área, Ana Romero.

Segundo indicaron, o período de preinscrición abre ás 10.00 horas do 17 de xuño. Este trámite efectuarase no rexistro do Concello ou a través da sede electrónica. O pagamento efectuarase unha vez confirmada a matrícula.

Durante esta época estival tamén se contará con numerosas competicións: I Trofeo Rodas / Niveis Patinaxe Artística, III Carreira Solidaria Móvete pola Diabetes, XIX Bandeira Traiñeiras Concello da Pobra do Caramiñal, Torneo Basket Pobra 3×3, Tenis-Circuíto do Barbanza, L Trofeo Conde de Fenosa de fútbol, Torneo de Vólei Praia, IX Torneo Xadrez na Rúa, XV Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal, LXIII Milla Urbana Nocturna, VII Cronoescalada Subida á Curota, Torneo Escolar de Xadrez Concello da Pobra e Xornada de xogos de mesa.

E, no apartado de deporte para todas e todos, haberá a XXXII Festa da Bici e Día do Deporte na Rúa.

Máis información na oficina dos Deportes, situada na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, co teléfono de contacto 981831545 e o enderezo electrónico deportes@apobra.gal.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

Incendio no estaleiro de ribeira na Barquiña no concello de Outes

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira xunto Ges de Noia e Garda Civil intervimos en incendio de Asteleiro de Ribeira na Barquiña no Concello de Outes. Ao redor das 02:37 horas rexistrouse un incendio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....