O conselleiro do Mar destaca o liderado de Ribeira na pesca de baixura

19 Xuño 2024

A lonxa ribeirense está acaparando a maioría das descargas desta especie este ano marcado polas boas capturas aínda que a maioría da flota do cerco continúa no cantábrico apurando a campaña do bocarte — O titular de Mar agarda que este ano pódanse superar as cifras do ano pasado no que se rexistraron 18.700 toneladas en capturas e se acadou unha facturación de 17,6
millóns de euros

O conselleiro do Mar asistiu na lonxa de Ribeira á descarga de sardiña, especie moi apreciada nestas datas ante a proximidade de San Xoán que é cando se dispara o seu consumo, onde enxalzou a súa calidade e sabor e animou á cidadanía a aproveitar esta festividade para consumir, máis se cabe, peixe galego. Así o dixo desde o porto que xunto co de Corcubión están concentrando no que levamos de mes a maioría das descargas a nivel galego que xa deixaron unha facturación 1,3 millóns de euros na rula ribeirense.
Con todo, este inicio de campaña está marcado polas boas capturas e polo feito de que a maioría da frota do cerco aínda se atopa no cantábrico apurando a campaña do bocarte o que está influíndo na cantidade de produto que está a chegar estes días aos mercados.
Sen embargo, a incorporación ao longo desta semana á pesqueira da sardiña de cerqueiros de portos como Ribeira, Portosín, Camariñas e Malpica, entre outros, permitirá un aumento nas cifras de capturas en liña co rexistrado o pasado ano.
Nesta liña, o responsable autonómico detallou que os barcos que xa están a faenar están completando as cotas todos os días o que reforza as boas expectativas para este ano confirmando a total recuperación desta especie. Así recordou que a campaña 2023
arroxou cifras récord con más de 18.700 toneladas e unha facturación 17,6 millóns de euros. Neste sentido, puxo en valor o bo comportamento dos prezos que polo momento se sitúan en 1,04 euros, lixeiramente por enriba da campaña anterior nestas mesmas datas, polo que agárdase que se poda chegar a uns ingresos parellos ao 2023.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.