O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

24 Xuño 2024
Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira)

Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no Auditorio vello (actualmente sede dos actos oficiais do Concello) do novo bastón de mando do Concello de Ribeira, que lle foi entregado ao rexedor, Luís Pérez Barral, de mans do tenente de alcalde, Vicente Mariño.

A cerimonia foi motivo de sorpresa para o alcalde, xa que non lle figuraba nos actos previstos da xunta de coordinación. A iniciativa, de feito, foi argallada polo equipo de Goberno a iniciativa de Vicente Mariño que capitaneou o proceso coa máis precisa discreción.

O bastón está feito con madeira nobres xunto co seu estoxo, tamén posúe o escudo institucional de Ribeira no mesmo mango do bastón. Desta maneira e por iniciativa do equipo de Goberno, péchase a historia do bastón que agora pertence á propia institución.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.