O Concello de Boiro realiza formación para crear unha rede de espazos seguros e libres de violencias no ocio

18 Xuño 2024

O Concello de Boiro achego formación a locais hostaleiros e axentes programadores no marco do protocolo para a prevención das violencias machistas, sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de ocio do concello. Con esta formación o que se pretende é “crear unha rede de espazos seguros e libres de agresións no ocio”.

Participaron nesta formación, que tivo lugar este luns 17 de xuño no Consistorio, locais hostaleiros do municipio como son o bar Fornos, Abadía de San Enrique, La Ubi, Furancho, Gin Lab, Gava e Castelao; así como programadores de ocio como Peñas Boiro AC, Turbina, DJ Matrek e Bacanito Fest, todos eles comprometidos coa campaña de violencia cero no ocio.

Con este protocolo o que se pretende é “mostrar as violencias machistas, sexuais e LGTBIfóbicas que existen co obxectivo de aprender a identificalas e previlas”, sinalaron fontes do Concello, engadindo que “o documento recolle unha explicación dos tipos de violencia, as formas nas que se manifesta e tamén as pautas para a súa detección e como actuar en cada caso, ofrecendo un recurso formativo para locais de hostalaría, asociacións ou entidades para crear unha rede de espazos seguros”.

Ademais destas accións formativas, o Concello de Boiro realiza campañas de difusión e información que estarán orientadas especialmente á mocidade, facendo que a detección e prevención das violencias vaia máis alá dos profesionais e implique a colectivos, entidades e empresas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.