O Concello de Boiro desenvolve esta tempada a XXXI edición os Veráns Deportivos

13 Xuño 2024

O Concello de Boiro desenvolve nesta tempada estival a XXXI edición dos Verán Deportivos, que inclúe actividades a desenvolver entre o 24 de xuño e o 30 de agosto. O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, e o técnico do departamento, Manuel González, presentaron este 13 de xuño o programa de actividades deste ano.

Segundo fixeron saber, igual que en pasadas ocasións os Veráns Deportivos aglutinan propostas de actividades deportivas para rapaces e rapazas coa colaboración dos clubs deportivos do municipio. Entre as accións programadas atópase remo, piragüismo, volei praia, baloncesto, atletismo, tenis, taekwondo, vela… así como actividades para mozos e adultos e ximnasia para xubilados.

“Os Veráns Deportivos contan con actividades máis orientadas á época estival con propostas relacionadas co mar e ao aire libre”, afirmou o técnico de deportes.

Ademais das actividades que se desenvolven durante todo o verán, haberá competicións propias que se organizan os clubs deportivos xunto co servizo municipal de deportes como o Campus Rufino Regueira de natación e triatlón, o Campus de baloncesto co Obradoiro CAB, o Depor Campus…

“Gracias as Escolas Deportivas Municipais e Veráns Deportivos do Concello de Boiro, os rapaces e rapazas de Boiro poden practicar durante todo o ano o deporte que máis lles guste así como probar novas actividades”, recoñeceu o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

O prazo de inscrición das actividades abre o vindeiro 17 de xuño. Toda a información está dispoñíbel na web municipal, no departamento de deportes situado na Casa da Cultura de Boiro, no enderezo electrónico deportes@boiro.org ou o teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.