O Concello da Pobra adhírese á campaña Liberdade de Ser e Sentir! polo Día do Orgullo

26 Xuño 2024

A Pobra do Caramiñal festexa o Día do Orgullo, no 28 de xuño, cunha acción focalizada no ámbito dixital. A Concellaría da Igualdade súmase por sétimo ano consecutivo á campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña.

O obxectivo desta campaña é visibiliza-la importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e co propósito de normalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais.

Por iso, nestes días, a Área da Igualdade atópase difundindo material audiovisual nas súas contas de Facebook e Instagram (@igualdadeapobra). “Queremos, así, empregar as redes sociais como unha ferramenta para visibilizar a reivindicación do colectivo LGBTI+ e como un eido máis para a defensa dos dereitos e liberdades”, apunta a edil Estefanía Ramos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.