O Combo de Jazz da Escola de Música de Rianxo celebra o vindeiro martes unha “jam session” na Lareira

27 Xuño 2024

O vindeiro martes 2 de xullo Rianxo vai reivindicar a súa importante veta jazzística, manifestada cada verán co festival Noites de Jazz, que se celebra o próximo mes de agosto. Desta volta trátase dunha jam sessión en formato aberto a cargo do Combo de Jazz do alumnado da Escola de Música de Rianxo. A cita enmárcase, a xeito de adianto, na programación do festival Noites de Jazz. Contarase coa presenza do mestre Bernal Muíños, músico e profesor rianxeiro amais de integrante do cuarteto TbA.

O concerto celebrarase no Café A Lareira, o martes 2, a partir das 20.00 horas.

Quen precise máis información sobre esta actividade tena no Facebook da Escola de Música de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.