O alcalde de Boiro e a concelleira de Ensino reciben a estudantes de Santoña e Alcolea del Tajo

04 Xuño 2024

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, recibiron este luns 3 de xuño, no Consistorio, ao alumnado de Santoña e Alcolea del Tajo que se atopan no termo municipal para realizar unha xornada de intercambio co CEIP de Abanqueiro.

O alcalde e a concelleira déronlles a benvida a Boiro, onde van estar catro días desenvolvendo actividades para coñecer a cultura e as tradicións locais así como lugares da comarca e a contorna. O alcalde animou aos rapaces e rapazas a que “desfruten destes días en Boiro e de todas as propostas que o profesorado ten preparadas para coñecer a nosa contorna”.

No itinerario previsto para estes días inclúese a realización de actividades para favorecer a convivencia, así como outras propostas lúdicas como unhas xornadas de deporte de volei ou piragüismo. Visitarán tamén espazos da comarca como o Castro de Baroña, o Faro de Corrubedo ou as Dunas de Corrubedo.

A concelleira de Ensino, Carmen Silva, valorou moi positivamente esta proposta que “favorece as relacións entre o alumnado de distintos centros de ensino e que lle permite aos nosos rapaces non só coñecer outros lugares senón tamén amosarlles aos visitantes o noso pobo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.