“Noite electoral” – Xulio Xiz

11 Xuño 2024

As primeiras xornadas electorais da democracia resultaron inesquecibles para os que as vivíamos desde os medios informativos e contabamos o que acontecía naqueles días de “viño e rosas” que a liberdade permitía. Alfombrábanse as rúas con panfletos, pegábanse carteis con entusiasmo de novicios, os altofalantes enchían as rúas. As campañas eran intensas, boca a oído, porta a porta. Europa aínda era unha quimera. Nacían e renacían partidos. Algúns candidatos, mantiñan o “don” antes do nome.

As noites electorais na radio eran festas con programas especiais, compañeiros nas sedes dos partidos e todos os teléfonos (fixos) soando sen parar. Non había sondaxes feitas polas rúas e, pechadas as urnas, as actas dos centos de colexios electorais ían chegando unha a unha ao Goberno civil que centralizaba o reconto. Chegaban visitantes amigos para o faladoiro na longa espera, cada vez máis expectante segundo avanzaba o reconto. E ás tres ou catro da mañá, exhaustos, poñíamos fin á longa espera sen que tivesen chegado os resultados dos lugares máis illados.

Este domingo votábase Europa; votamos os que votamos. E se ao peche dos colexios se nos ofreceron enquisas que case cravaron os resultados, houbo que agardar tres horas a que pechasen os colexios italianos, para que os nosos votos non interferisen nas súas decisións. Tralo repentino resultado oficial, acabouse a expectación, cada quen analizou o resultado, e agás os que non sacaron nada, todos contentos; respiraron tranquilos. A técnica reduce incertezas e misterios. Agora, a incógnita do resultado nin sequera emociona aos que se xogan nel a facenda e a vida.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.