O rural esborrállase e do urbano, do que había, pouco queda. Non queda nada, nada do que
se coñecía naquelas épocas nas que o mundo (o noso mundo) esperaba outra cousa. Seguen
as guerras, a especulación, os negocios sucios e de armamento; seguen os que andan na
política mirando polo seu e polos seus e seguen os traballadores, as persoas máis
vulnerábeis, con moitas dificultades para chegar sen fame ao fin de mes. A ese fin de mes ao
que hai que chegar doce veces en cada ano.
Caeron as casa de moitos lugares espallados por esta Galicia, que segue tendo dificultades
para ser dona de seu. Desfanse as estradas, as autovías e as vías de ferro; quéimanse os
montes, a conciencia da xente e a esperanza, mentres outros, os poderosos e/ou os seus
representantes, rin a cachón. Cómpre que paren e que reflexionen, aínda que só sexa un
momento, que reflexionen sobre o porvir, sobre o futura que vén en camiño camiñando a
marchas forzadas.
Aldeas desaparecidas, terreos baldíos, ermos no monte e nos vales. E a xente! Onde vai a
nosa xente? Unha parte dela, no ostracismo; outra na cidade e moita dela xa se foi
renegando para o máis alá. Un día deberían volver todas aquelas persoas que, por calquera
das razóns, marcharon. Volver e ver o que temos, facer unha festa que ben podería ser a
festa grande de Galicia, con orquestras, coas bandas ben recoñecidas que temos, con
cantautores, con poetas e dicidores. Unha festa campestre, con xantar, merenda, baile e
cea.
A xente arrexúntase nas cidades. Os datos son elocuentes, algo máis da metade da
poboación mundial (uns catro mil catrocentos millóns de habitantes) vive en cidades e as
estatísticas oficiais indican que para o 2050, sete de cada dez persoas vivirán en cidades,
onde actualmente se xera o 80% do produto interior bruto (PIB) mundial. As cidades son as
responsables de dous terzos do consumo mundial de enerxía e de máis do setenta por cen
de emisións de gases de efecto invernadoiro.
Hai varias cidades no mundo con máis de vinte millóns de habitantes, algunhas con moitos
máis, Tokio supera os trinta e seta millóns, Nova Deli achégase aos trinta e catro millóns e
Shanghai, cuns trinta millóns de habitantes, ocupa o terceiro posto de cidades máis
poboadas do mundo. Dhaka, a capital de Bangladesh, ten cerca de vinte e catro millóns,
Tamén teñen máis de vinte millóns de habitantes Soa Paulo, Cidade de México, O Cairo.
Pequín e Bombai.
Hai nestas cidades, e nos seus países, unha enorme cantidade de bocas, tan enorme que
faría difícil a celebración conxunta da festa nacional. Referente aos datos que se coñecen, a
Tía Manuela é clara, “cada vez máis xente, máis desigualdade e más pobreza neste mundo,
cada vez máis urbano”.
“José María Fonseca Moretón, el vino como bandera y Galicia en el corazón”. Javier García Sánchez
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...



