O luns seguiremos coas altas presións ao oeste de Irlanda xerando circulación do nordés algo menos intensa. Unha situación que nos trae novamente tempo seco, néboas en comarcas do interior que irán indo a menos deixando os ceos en xeral despexados, con algunha nube de evolución pola tarde. As temperaturas seguirán sen cambios significativos. O nordés soprará frouxo en terra e intervalos fortes no litoral noroeste.

O prognóstico do tempo non preve cambios durante dúas semanas agás algo de risco de choiva a fin de semana. Baixe producir unha baixa das temperaturas.

O noso mar: Vento do nordés á mañá e do leste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do nordés, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



