Incendio no estaleiro de ribeira na Barquiña no concello de Outes

24 Xuño 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira xunto Ges de Noia e Garda Civil intervimos en incendio de Asteleiro de Ribeira na Barquiña no Concello de Outes.

Ao redor das 02:37 horas rexistrouse un incendio nun antigo estaleiro situado na Barquiña, no núcleo de San Cosme no municipio de Outes, alertando aos servizos de emerxencias . Ao lugar desprazáronse bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Boiro, xunto con efectivos do GES de Noia e a Garda Civil de Outes.

A estrutura, un estaleiro de carpintería naval en madeira de dúas alturas e parcialmente pechado, resultou afectada polo lume que danou dúas embarcacións de madeira, maquinaria e ferramentas, ademais de partes das vigas e viguetas do teito. Os bombeiros utilizaron mangueiras para extinguir as chamas e evitaron entrar na construción debido ao risco de colapso pola debilidade da edificación.

O incendio foi controlado rapidamente e, unha vez finalizadas os labores de extinción controlando os puntos quentes cunha cámara térmica.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira xunto Ges de Noia e Garda Civil intervimos en incendio de Asteleiro de Ribeira na Barquiña no Concello de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.