“Ideas trasnoitadas” – José Manuel Pena

26 Xuño 2024

Nos últimos tempos a clase política de ideoloxía extremista, principalmente da dereita, perderon toda a vergonza a manifestarse en público e a largar todo tipo de soflamas en contra dos principios e dereitos fundamentais de calquera sociedade. Queren volver ás catacumbas e aos tempos escuros da historia da humanidade.

Moita xente, principalmente de barrios humildes, déixanse engaiolar por eses encantadores de serpes. Estes videntes frustrados queren trasladar o caos, ante unhas sociedades cada vez máis desiguais que ven como moitas das súas demandas e reivindicacións nunca se trasladan á realidade.

Padecen as consecuencias das desigualdades e as inxustizas, traballando de sol a sol, non poden chegar a fin de mes, mentres outros especuladores e vividores privilexiados están a corpo de rei.

Estes novos exércitos de ideas trasnoitadas están ao servizo dos sectores privilexiados, como as grandes empresas, o poder financeiro e unha parte importante do poder xudicial. Móvense no seu mundo particular, non entenden nin queren saber nada sobre a alternancia política, eles non queren perder os seus privilexios e utilizan a boa fe das clases máis desfavorecidas e vulnerables.

No século XXI non pode negarse a violencia machista, a Xustiza Social, a pobreza, a desigualdade social, ás comunidades autónomas, á Unión Europea, os impostos, os dereitos laborais, ás centrais sindicais e un longo etcétera de cuestións que foron instituídas, grazas á loita de millóns de persoas, ao longo dos séculos pasados. Cunha linguaxe tabernaria pretenden conseguir o poder para utilizalo en beneficio propio.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...