“Icona da emigración galega a América, Fisterra dí adeus a “Chanquete”. Antón Luaces

10 Xuño 2024

ou por feito que o alcume de “Chanquete” chegóulle ao fisterrán Juan Jesús Calo López, como non podía ser doutro xeito, pola vía marítima. En Fisterra, nas súas calexas empoleiradas para saber que o mar seguìa ao pe, Juan Jesús, o que viña sendo “o neno da emigración galega” grazas a unha histórica fotografía do non menos histórico fotógrafo Manuel Ferrol, abandonou definitivamente este duro mundo do mar e da emigración cara a Buenos Aires dende o porto da Coruña, rumbo ao máis aló, moito máis aló, á idade de 75 anos. 

Fisterra perde unha icona, un doroso refente das consecuencias da emigración galega a América a bordo de emblemáticos buques-correo coma o Guadalupe, o Begoña ou o Montserrat, que atracaban no peirao de Méndez Núñez a escasos metros da estación marítima, esta sempre incómoda e nunca axeitada para recibir pasaxeiros procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, León, etc. e á que durante bastantes anos tiven á vista dende o veciño edificio da Terraza ata que o vello edificio pintado en verde e marelo foi derrubado para construir Palexco, un mamotreto que non fará esquecer nunca as moitas bágoas na estación marítima vertidas polos que retornaban ou os que emigraban na percura dunha mellor vida en Cuba, Argentina ou Brasil.

Juan Jesús Calo López, foi fotografado chorando desconsoladamente mentres a poderosa e ruda man de mariñeiro de seu pai lle acariñaba a faciana arrasada en bágoas. 

Foi esta unha das moitas fotografías feitas por Manuel Ferrol -o home da boina, como lle eu dicía- merecedoras das maiores loubanzas, malia seren moitas delas perseguidas sañudamente pola sempre activa censura franquista daquela -anos 60- dirixida polo delegado provincial do Ministerio de Información e Turismo, Serrano Castilla, e con Evaristo Martín Freire como gobernador civil da provincia,

Unha fotografía que, sen dúbida, reflicte a dor da emigración en dúas persoas -Juan Jesús e seu pai, chorando- e carón deles un crego que supoño do servizo de migracións. con dependencias este no mesmo edificio a tgrfavés do Apostolado do Mar. Juan Jesñus e “Jurjo”, o seu pai, despedían a unha  familiar que marcha a Buenos Aires. Manuel Ferrol residía daquela no Torreiro. Juan Jesús, “Chanquete”, terá a oportunidade de falar no el na inmensidade das lembranzas.

Outros artigos

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....

+

“Medallas Castelao”. Alberto Barciela

A Medalla Castelao é unha condecoración civil outorgada polo Goberno de Galicia. Proponse distinguir a obra artística, literaria, intelectual ou calquera outro tipo de obra dunha distinguida personalidade galega. Foi creada en 1984 con motivo da volta a Galicia dous...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Qué es la vejez?, pros y contras” – Manuel Domínguez

“¿Qué es la vejez?, pros y contras” – Manuel Domínguez

La vejez es el abandono de la juventud, pero tampoco así es muy cierto ya que hay jóvenes viejos. La doble foto que muestro es de los actores Anouk Aimée y Jean Luis Trintignant, del film, “Un hombre y una mujer”, la inferior 50 años después, titulada” Los años mas...