Guindan cócteis molotov contra o mesón da praia do Vilar, en Ribeira

28 Xuño 2024

O mesón-asador da praia do Vilar, en Ribeira, recibiu esta semana, na madrugada deste mércores, o ataque de dous cócteis molotov: dous obxectos incendiarios con feitura de botes de cristal con combustíbel no interior que causaron diversos estragos no interior e no exterior do establecemento (roturas nos vidros das xanelas e rastros de material queimado e ennegrecido no interior). Logo de informar dos feitos á Policía Nacional (durante a mañá do mércores, en canto o empregado chegou ao local para iniciar a súa xornada de traballo) os axentes puxeron en marcha os traballos de investigacións, dirixidos a dar coa autoría da persoa ou persoas que perpetrou o ataque.

Segundo confirmaron os axentes ao Diario de Arousa, foron dous os obxectos incendiarios guindados contra o establecemento, un lanzado contra a porta acristalada posterior e outro contra un dos accesos á cociña. Tamén confirmaron que ningunha das bombas conseguiu o seu obxectivo de facer arder o local, xa que o lume non se propagou a ningún dos moitos obxectos inflamábeis que se atopaban no interior do mesmo. O propietario expresou a súa fonda inquietude polos feitos, mostrando o seu temor a que se repitan os feitos durante a tempada de verán, que é crucial para a actividade do mesón.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.