O segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, acudiu este luns 17 de xuño á III xuntanza de coordinación para intensificar a coordinación a Policía Nacional e a Policía Local na nosa Comunidade, unha reunión na que tamén participaron delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, así como, a concelleira de Seguridade do Concello de Ferrol, Carmen Pieltain Fernández.
Segundo informou a Xefatura Superior de Policía de Galicia nun comunicado, no encontro analizouse o cumprimento dos obxectivos marcados no semestre anterior e determináronse novas metas comúns para os próximos meses.
Unha vez máis, esta reunión levouse a cabo no Pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña), e contou coa presenza dos responsábeis de operativos da Policía Nacional e das distintas policías locais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Narón, Vigo, Monforte de Lemos ́, Marín e Ribeira.
No transcurso da mesma, analizáronse os datos estatísticos de criminalidade, as diferentes modalidades delituosas, e tratáronse temas como a operación verán, a delincuencia itinerante, UFAM e outras cuestións de interese. Todo iso coa intención de prestar unha mellor atención á cidadanía, realizando unha operativa conxunta que busca a mellora continua neste senso.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, agradeceu na xornada de traballo “o esforzo e o traballo que estes corpos de seguridade fan a diario polo benestar social e valorou a súa estreita colaboración en favor da convivencia”.




