“Eurocopa”. Xulio Xiz

18 Xuño 2024

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes.

O deporte – panem e circenses – sempre foi moito máis que a expresión de potencia física e harmonía expresiva, e hai moitas décadas había a opinión xeneralizada que se nos ofrecía a cachón desde os medios oficiais para que na súa contemplación desfogásemos ímpetus e ansias.

Que os medios de información públicos dediquen as tardes da fin de semana aos deportes, esencialmente fútbol, por riba das noticias xerais paréceme un despropósito consciente que seguro coincide coa apetencia da maioría de oíntes e televidentes, polo que case me chega a parecer natural. Pero os que somos adictos ás noticias a hora fixa – quizais pola continuidade destas daquel “parte” cuartelario que nos permitía saber “parte” do que acontecía no mundo -, temos necesidade de que se respecten eses informativos que se ben nos alteran horas que debían ser plácidas, son a razón de ser – presuntamente imparcial – duns medios que doutro xeito non se diferencian dos que degradan – deforman – o xeito de ver e vivir o mundo.

Estes días, pretenden convencernos de que a Eurocopa é unha das razóns do noso existir, e a fiestra informativa do mediodia para ver o mundo pode pecharse para que contemplemos un partido entre as seleccións de fútbol de Suiza e Hungría. Eu non creo que os rectores da primeira canle pública do país non teñan capacidade de discernir entre o sensato e o insensato. Creo que é moito peor.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...