“Estudos antroponímicos”. Luís Celeiro

27 Xuño 2024


O outro día pedimos prestado na Biblioteca da Universidade de Santiago, concretamente na
da Facultade de Xeografía e Historia, un libro editado por esta Universidade,
conxuntamente coa de Valladolid (1995) titulado “Antroponimia e sociedade, Sistemas de
identificación hispano-cristiáns nos séculos IX a XIII”. Unha marabilla reler e aprender estas
cousas. Un dos artigos deste libro, da autoría dos profesores Marta González Vázquez e
Francisco J. Pérez Rodríguez, céntrase no sistema antroponímico de Galicia, baseándose no
Tumbo do Mosteiro de Samos, esa importante colección documental que tanto axuda ao
estudo das formas antroponímicas de Idade Media galega.
O Tumbo de Samos está custodiado e formando parte das xoias bibliográficas da
Universidade, dende os primeiros anos da década dos oitenta do século pasado. O científico
Manuel Lucas Álvarez fixo a súa transcrición e publicación en 1986. O meritorio traballo do
historiador está aí, para dar luz do que foi aquela época (séculos IX e XIII) en Galicia, cando
Galicia era outra cousa.
Entre os integrantes da nobreza e dos clérigos, segundo os investigadores, repetíanse os
nomes de tal mareira que era difícil a identificación dos individuos. A pesar disto, as formas
antroponímicas máis simples eran as dominantes nos documentos recompilados no Tumbo.
O cambio deste sistema simple a unha forma antroponímica máis complexa chega coa
segunda metade do século XI.
No século IX os nomes repartíanse equitativamente entre os de orixe xermánica e de orixe
latina e, xa no século X, aparecen os nomes de orixe cristiá, que seguen aumentando nos
dous séculos seguintes. Petrus, Pelagius e Iohannes eran nomes de moda, segundo indica
Elixio Rivas, no seu “Onomástica persoal no noroeste hispano” (1991).
Daquela, na Galicia medieval, xa había sobrenomes ou alcumes e moitos deles, segundo
indica a investigadora Rosario Soto, foron herdados e foron a orixe de apelidos actuais,
como Amigo, Calvo, Ferreiro ou Pardo, por poñer algún exemplo. Así, atopámonos con
moitos dos nosos apelidos de longa historia e moito uso ao longo dos tempos.
O de Samos e o de San Pedro de Rocas son, probablemente, os Mosteiros máis antigos de
Galicia, do século VI, cando os monxes aínda eran anacoretas e, a partir daquela, os
mosteiros xogaron papeis moi importantes, de formación, de realce cultural e de
transmisión de saberes. Moitos deles teñen a súa actividade documentada, escrita nos seus
tumbos. O de Sobrado dos Monxes, o de Celanova e o de Samos dan razón e veracidade ao
que falamos. Seguimos, pois, como recorda a tía Manuela, “a Deus rogando e co mazo
dando”, sacando consecuencias dos estudos antroponímicos.

Outros artigos

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

+

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

En la cumbre de la OTAN de la semana pasada no sorprendieron las boutades del presidente americano que primero insultó a España -y a otros socios- y en el vuelo de vuelta se deshizo en elogios a nuestro país, no se sabe a cambio de qué. Tampoco fue sorpresa alguna la...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un galego na Casa Branca” – Lois Alcayde Dans

“Un galego na Casa Branca” – Lois Alcayde Dans

Cando as últimas eleccións americanas saíu nun xornal (dispensen vostedes que lles diga cal) unha pequena historia ao redor dun día cotián dun cidadán estadounidense nos bosques de Pennsylvania, na caza do pato. Naquelas fragas, con esa cor verde e esa humidade en...

“Memoria de sombra y bosque” – Xulio Xiz

“Memoria de sombra y bosque” – Xulio Xiz

Que responsabilidade vir presentar un libro inmenso, profundo, sensible, como esta nova obra de Fany Padullés, e que temor pola miña parte de non ter os coñecementos e, sobre todo, a sensibilidade precisa para presentar unha novela coma esta, que é coma un torpedo á...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.