Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

24 Xuño 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña).

A orixe do galardón

A cultura do esforzo xeneroso, descoñecido, das mulleres do mar levou no año 2020 á Asociación de Mulleres Salgadas a crear o Premio Muller Salgada, de carácter anual. “Con el queremos render unha merecida homenaxe ás mulleres do mar, anónimas, descoñecidas polo público en xeral, que desde o seu labor sacrificado, solidario, positivo, contribuíron de maneira innegábel ao desenvolvemento e progreso das profesións do mar, facendo avanzar as condicións laborais, económicas e sociais do sector pesqueiro”, sinalan dende a entidade.

Nesta edición, a asociación galega de mulleres do mar entregará o premio a catro mulleres traballadoras da confraría de Rianxo:

• Amelia Caamaño Otero, bióloga.

• Mónica Méndez Somoza, secretaria.

• Rocío Rodríguez Sabugueiro, administrativa.

• Ana Belén Fernández Dios, administrativa.

A elección das premiadas busca amosar “o importante traballo que realizan as mulleres que traballan nas confrarías, visibilizar que moitos deses postos son ocupados por mulleres e resaltar a importancia do traballo en equipo e a asesoría técnica e científica”, explican dende Mulleres Salgadas, engadindo que “a nosa asociación quere facer un recoñecemento público a secretarias, biólogas, administrativas, lonxeras, etc. e poñer en valor a súa contribución ao resto da cadea”.

E engaden: “O sector pesqueiro, a xente do mar, necesítaas e son traballadoras esenciais nun momento difícil para moitas confrarías, que precisan máis que nunca os servizos de apoio que elas brindan”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.